De 0 a 7 CLUB DE LECTURA

 

 

Garabana, Anxos
Amora
Ilust. Villán, Óscar
Kalandraka Editora, col. Os contos do trasno
2003
[36] pp.


Este libro recolle un conto popular portugués que agora se adapta para os nenos e as nenas galegos e nel é preciso atender non só ao texto senón tamén ás ilustracións.
Cóntase cómo unha amora que estaba no seu lugar habitual, entre as silvas, recibiu moitas visitas que cambiaron a súa tranquila vida.
Primeiro apareceu unha mosca para papala; logo a araña que papou a mosca; o rato que rillou a araña; o gato que zampou o rato; o can que trabou o gato; o pao que petou no can; o lume que queimou o pao; a auga que apagou o lume; a vaca que tradou a auga; o home que matou a vaca e, por fin, a morte que levou o home.
Verás que a natureza é coma unha cadea nas que uns seres van sendo devorados por outros máis grandes.