De 8 a 10 CLUB DE LECTURA

 

 

Fernández Paz, Agustín
O meu nome é Skywalker
Ilust. Juan Ramón Alonso
SM, col. O barco de vapor, nº 27, a partir de 9 anos
2003
89 pp.
Premio O Barco de Vapor 2003


Raquel é a protagonista desta historia, na que nos conta o que lle aconteceu un día no que reparou na existencia dun esmoleiro á porta do supermercado de enfronte da súa casa. A rapaza, tras observalo detidamente pola fiestra e analizar as reaccións das persoas que pasaban diante, convenceuse de que era invisíbel e que só ela podía velo. Así que decidiu falar con el para saber cal era o motivo da súa presenza no lugar todos os días.
Coas súas conversas descobre que ese home que di chamarse Skywalker vén das estrelas e axiña o relaciona co protagonista de A guerra das Galaxias, que se chama igual ca el, e que percorre a terra co fin de investigar e coñecer o pensamento e o comportamento dos humanos. Ao final fanse amigos e cando teñen que se despedir, ambos intercambian uns galanos simbólicos para lembrar sempre a súa amizade e estar preto un do outro cando os miren: unha bóla de cristal para ver sempre a lúa, galano de Skywalker, e unha buguina para oír o mar, galano de Raquel.