De 8 a 10 CLUB DE LECTURA

 

 

García Teijeiro, Antonio
Paseniño, paseniño
Ilust. Cobas, Xosé
Everest Galicia, col. Rañaceos
2003
68 pp.


Da man do autor imos comezar unha viaxe lírica coa poeta Rosalía de Castro. Saímos de Bastavales cara aos recordos da infancia e acompañados de sereas, caracolas, pombas, dos nosos amigos animais que aparecen paseniño no camiño (o galo, a mosca, o can, a araña, o verme), sempre deixándonos abraiar pola maxia da natureza (solpores, ventos, piñeiros, néboa, chuvia...).
É un libro cheo de verbas fermosas, xogos e trabalinguas, polo camiño do amor cara a esa importante poeta galega que foi Rosalía e coa luz de cores das acuarelas de Xosé Cobas.