Esta é a incrible historia de Rin, un can grande e forte e que aínda que xa ía un pouco vello e perdera a súa axilidade, non esquecera a táboa de sumar, nin rezar en latín, nin sequera a súa especialidade: recitar poesías en portugués. ¡Vaites co can! Sabía até saudar en cinco idiomas. Nunca perdía o tempo; moitas das veces, mentres tornaba as ovellas, naqueles anos de mozo, calcetaba unha bufanda para os días de inverno.
Cando era mozo, os caciques disputábanse a súa pertenza e así foi como viaxou até Burgos, traballou para o Bispo de Ourense e agora está na casa do abade de Beiro, logo que o Bispo llo enviase para que lle ensinase educación, pois o sancristán só lle aprendera a dicir animaladas e pecados.
En Beiro, Rin fixo bos amigos e gañou a confianza e admiración de todos, facéndolle baixar a orella ao temible lobo Crispín.
¡Seguro que vós tamén quereriades un can coma este!
|