Esta
novela recrea a historia de Bia, unha rapaza da familia
dos Medici que apareceu na súa tumba cun armiño
aos seus pés e un diario no que contaba a súa
vida que é o que se reproduce. Nel, Bia, filla ilexítima
do duque de Florencia Cosimo I, relata a súa vida
dende que se trasladou a vivir da aldea ao palacio de seu
pai e foi convertida de aldeá en princesa.
Os cambios que sofre a súa vida son en xeral positivos
pois ten unha educación esmerada e comparte experiencias
cos seus irmáns e irmás, aínda que
tamén debe aceptar os costumes da nobreza do século
XVI e obedecer a seu pai cando este decide casala cun home
ao que non coñece de nada.
Bia ten que renunciar ao seu verdadeiro amor, un rapaz de
Siena ao que coñeceu nunha viaxe e co que viviu unha
historia de amor sen que ninguén o soubese.
Ademais da historia de Bia, no prólogo e no epílogo
do libro cóntase o que sucedeu coa familia dos Medici.
|