+ de 14 CLUB DE LECTURA

 

 

GRIPE, María
Os escaravellos voan á tardiña
Trad. Casares, Carlos
SM, col. Gran Angular; nº 2
1989
242 pp.


Esta narración escribiuna unha das autoras máis representativas da Literatura Infantil e Xuvenil sueca, María Gripe, galardoada no ano 1971 co premio máis importante do mundo desta literatura, o Premio Andersen. Chegou aos lectores galegos grazas á tradución que realizou Carlos Casares.
Se vos gustan os misterios, as pescudas arriscadas e non lle tedes medo a nada poderedes atopar neste libro o que pasou aquel verán no que os irmáns Berglund, Annika e Xonás, e o seu amigo David tiveron que coidar das plantas daquela, nalgún tempo, luxosa mansión agora nun estado próximo á ruína. Estes tres amigos van atopar nesa casa unhas arrepiantes cartas do século XVIII que falan dunha historia de amor e da maldición dunha estatua exipcia.
Estades diante dun labiríntico misterio no que se cruzan pasado e presente con soños premonitorios, voces estrañas recollidas nun magnetófono, sinais de animais e de plantas que parecen interpretar os sentimentos das persoas, un estraño escaravello...
Mergulládevos no enigma e veremos se sodes quen de continuar coa investigación. ¡Xa me contaredes!