De 0 a 7 CLUB DE LECTURA

 

 

Cuba, Xoán Ramiro
O caracol Remoldiño
Ilust. Villán, Óscar
Xerais de Galicia, col. Merliño
2003
[28] pp


O caracol Remoldiño é o título deste conto rimado sobre a aventura que viviron tres caracois que compraron unha empanada para facer unha merenda. Ao se decatar de que esqueceran mercar o viño, decidiron que o caracol máis pequeno dos tres, Remoldiño, fose por el. Pero como este tardaba moito e despois de dous días de espera, acordaron comezar a merendar aínda que fose sen o viño. Nese momento Remoldiño aproveitou para saír do escondedoiro no que se atopaba observándoo todo, xa que en realidade non marchara por medo a quedar sen miga da empanada.