É
esta unha novela na que o doutor Luís Meira Al-Galego
toma a palabra no prólogo para explicar como
chegou a Oriente Próximo en 1987 e cómo o
apaixonou o mundo árabe ata o punto de trasladar
a súa residencia definitiva a Qhissa Hanni no ano
1997.
A seguir, o doutor cédelle a palabra “ao verdadeiro
protagonista desta historia”, Khaled, un rapaz árabe
de dezaseis anos que vive no Iraq en tempos de guerra e
que conta en forma de carta-diario, dirixida a Alberte,
fillo imaxinario de Meira Al-Galego, o que lle vai acontecendo
a el e á súa familia, as súas reflexións
sobre a vida, os seus temores de futuro, os seus sentimentos,
ou sobre todo, a difícil aventura á que se
afrontou: ir só a Bagdad e traer de volta á
casa o corpo de seu pai, morto en combate durante a guerra
de 2003.
A obra remata cun epílogo do doutor Al-Galego no
que dá conta do futuro de Khaled despois desa experiencia
vivida e de como obtivo el as cartas que o mozo árabe
lle escribira ao seu suposto fillo. Parella ao relato da
súa vida e proxectos, Khaled nárralle a Alberte
a historia de Raíd, coidador dos cabalos do califa
Abdel Ar Zufid, que se namorou da princesa Sadhua.
|