Preparádevos
para tomar un zume do máis estimulante. Estas laranxas
son as máis refrescantes, as máis sorprendentes,
as máis grandes do mundo...
Nesta peza teatral descubrirás o que aconteceu na
hortiña de Elías e Anxa o día que estouraron
aquelas laranxas tan particulares e como os veciños
(o Toneladitas, o home da escopeta, a veciña desdentada,
a veciña sabia) querían amañar aquela
desfeita.
Seguro que che dá a risa ao coñecer a galiña
Petra e o seu xeito de poñer ovos de cores, co rebumbio
que se forma cando Anxa se trabuca de conto para intentar
abrilo. Na escena comezan a acontecer feitos inexplicables,
onde a galiña fala, o ovo protesta polo xeito de
cascalo, ao veciño gordo verdécelle a cara
coa fame, e un final onde logo de abrir o ovo temos agasallos
para todos.
Estás diante dunha peza de teatro onde a imaxinación
vai do real ao fantástico e ao absurdo, un desafío
a toda a lóxica dos adultos. Comeza así, en
1973, o teatro fantástico da LIX galega. ¡Atrévete
a descubrilo!
|