Para
escachar coa risa son as aventuras de Bacoriño,
o porco que monta un bo rebumbio na súa aldea
cando escapa da súa propia morte o día
de Santo Antón que se celebra, como manda a
Voz da Tradición (que tamén anda por
esta historia), o dezasete de xaneiro. Ao longo de
todo o día Bacoriño terá que
ser máis listo cós seus perseguidores
que devecen por matalo: Ulises, o matachín;
o cura Zacarías; os irmáns Aznarández
acabados de saír das aventuras de Tintín…
Ademais terá que lidar co acoso da prensa,
coa sedución da moura do castro ou coas malas
mañas do tendeiro Policarpo de Outeiro.
O narrador, que se declara fiel testemuña e
cronista destas aventuras, ofrécenos varios
finais para sacar de apuros a Bacoriño e aos
seus perseguidores, finais que conseguirán
contentar a todos os lectores e lectoras que se atrevan
con esta historia tan divertida. Aínda que
saberemos que xa ao día seguinte da aventura
Bacoriño mereceu o título de Porco de
Santo Antón e que súa freguesía
fíxose célebre dende aquela co nome
de Santo Antón do Porco Indultado. |
|