Se
sodes amantes da aventura non dubidedes en adentrarvos
nas páxinas deste emocionante libro, unha historia
que reúne ingredientes como a amizade, o amor,
a superación persoal, a valentía ou
as traizóns. E todo isto da man de Selmo, un
rapaz que ve de súpeto destruídos a
súa aldea e o nome da súa familia por
mor da avaricia da Bruxa dos Broncedos e os seus aliados.
Só asumindo o seu destino e coa axuda dos amigos
que atopará no camiño será quen
de devolverlle ao seu pobo o valor necesario para
defender o seu, as súas lendas e tradicións.
Nestas ten unha importancia destacada o Brindo, o
corno de ouro que ecoa nas Terras Outas que Selmo
terá que recuperar.
Con este título dá comezo unha prometedora
serie e seguramente en posteriores entregas darase
resposta aos interrogantes que se presentan ao final
desta historia. ¿Volverá Selmo a se
atopar con Candea? ¿Onde están a avoa
Locea e as outras Xidas das aldeas? ¿Ficarán
prisioneiras nunha cela da Bruxa dos Broncedos? ¿Voltarán
as terras dos arxinas? ¿Que farán os
arxinas sen aquelas que lembraban os nomes? ¿Conformarase
a Bruxa Seara coa súa derrota? Pero iso será
outra historia… |
|