De 0 a 7 PREMIOS GUÍAS

 

 

Dasilva, Kiko
¿Que contan as ovellas para durmir?
Ilust. Dasilva, Kiko
Galaxia, col. Árbore
2004
27 pp.

¿Que facedes vós cando non podedes durmir? Xa sabedes que un bo truco é poñerse a contar ovellas ata conseguir quedar durmidos. Seguro que máis dunha vez tivestes que botar man deste remedio.
Pero, ¿pensastes algunha vez que é o que fan as ovellas para prender no sono? Pois a resposta está neste libro que conta cunhas divertidas ilustracións.
E daquela ¿que contarán as ovellas para durmir? Esta é a pregunta que se fixo Bee, unha ovella branca dentro dun rabaño de ovellas negras. Despois de interrogar a todos os animais que atopa no seu camiño por ver se lle dan algunha pista, Bee atopa a solución á pregunta. Seguro que o remate deste conto, que non vos quero contar para non estragar a sorpresa, vos parece moi orixinal e divertido. Por fin Bee conseguirá durmir.