Club PREMIOS GUÍAS

 

 

Contos de cabuxas, ratos, libros e casas
De 6 a 8 anos
Conta Ana María Fernández que alá nos tempos da pulga Mariama, cando as merlas durmían nunha cama, no país dos contos verdadeiros, había unha casa de tres plantas. Toma a palabra Antonio García Teijeiro para contar que alí vivía Honorato, que non sabía se era poeta ou non era poeta. Menos mal que saíu de dúbidas decontado porque se tivo que poñer a descubrir, coa axuda de Paula Carballeira, se os libros estaban ou non doentes e as instrucións precisas para tratalos. De súpeto apareceron moitos personaxes na súa axuda, da man de Gloria Sánchez, pero estes terás que os descubrir ti. Quizais che poida botar unha man o ilustrador destes inventos fantásticos, Manuel Uhía, quen cos seus debuxos soubo plasmar en imaxes estas engaiolantes historias.  

¿Queredes facer calquera comentario do libro? Pois, veña, non agardedes máis e picade aquí.