| Di
Concha Blanco que Tirso e Mauro eran dúas almas
nun puño. Xuntos van chegar a descubrir que se
agocha detrás dun suceso con trazas de ser misterio
ou cousa do demo. Sabe Chema Heras das longas esperas
dun coello e dun polbo, desexosos de que, ao abrir o
día, o pai, antes de ir traballar as leiras,
esperte o fillo e o rescate do seu pesadelo. Andaba
Magdalena de Rojas polo peirao de Setefogas ollando
como Rosalinda e Resplandece bailaban abarloados, cando
descubriu a Lola enguedellando e Salva cos seus contos
de familia. Xoán Babarro pasaba por unha vila
cando quedou estrañado a pancarta na que reivindicaba,
con maiúsculas, a salvación das chulillas.
Misterios, soños, maxia e viaxes que agardan
por ti nestes relatos que van acompañados das
ilustracións de Óscar Villán. |
|
¿Queredes facer calquera comentario do libro? Pois, veña, non agardedes máis e picade aquí. |