Club PREMIOS GUÍAS

 

 

Contos de charlatáns, grumetes, botas e fendas
De 12 a 15 anos
Se un día quixeses visitar a Pimpa das Gaivotas, cousa que ela ben agradecería, lembra que María Victoria Moreno pode indicarche o camiño máis curto e tamén o máis seguro. E Helena Villar aprenderache como chegar á casa grande de Trascastro, onde vive o can Tresky, sabedor dunha linguaxe especial. Quizais nalgún momento, di Fina Casalderrey, chegue até alá Israel, o charlatán de feira, xa arrepentido das súas malas mañas. E se acaso vives na cidade, advirte Xosé Antonio Neira Cruz, non te asustes se por unha das fendas da parede escoitas unha cantiga, un poema, un conto de fadas e mais un cantar de berce, por esta orde, da voz dunha avoa que anda algo tristeira. Estes e outros misterios ilustrados por Federico Fernández agóchanse nas páxinas do libro que tes nas túas mans.  

¿Queredes facer calquera comentario do libro? Pois, veña, non agardedes máis e picade aquí.