Club PREMIOS GUÍAS

 

 

Contos de máscaras, rúas, perdicións e caníbales
A partir de 16 anos
Daniel atopou a primeira foto de Diana un luns do mes de xullo pouco antes do mediodía e, nunha rúa próxima ao Reitorado de Vigo, non dubidou en preguntarlle a Agustín Fernández Paz, que pasaba por alí, se tiña noticia da rapaza. A vaca Brensa, ben ofendida, acláralle a Marilar Aleixandre que non é caníbal nin vaca tola, e que fuxiu da casa porque de ningún xeito ía comer aquelas fariñas feitas de animais. Paco Martín foi un dos moitos que andaban polo bosque a tarde que Clementina Celia da Misericordia López de Vídalo e Rodríguez-Veiga decidiu comprobar se podía perderse na fraga da súa infancia. E Xabier P. Docampo foi testemuña do brillo desa estrela que abraiou un rapaz e que puxo luz onde antes só había tebras. Xosé Cobas soubo destas engaiolantes historias e decidiu iluminalas coas súas cores.  

¿Queredes facer calquera comentario do libro? Pois, veña, non agardedes máis e picade aquí.