Club PREMIOS GUÍAS

 

 

Contos de chistes, portas e sorrisos
De 6 a 8 anos
Rosaura, Rosario, Rosalía, Rosamundo, Rosendo, Rosa e Rosae forman unha simpática familia de pallasos que enche a vida de chistes ambulantes. Ata se atreveron a tomarlle o pelo a un vendedor de perrucas moi serio e quizais tamén a An Alfaya e a Andrés Meixide, que os coñeceron hai ben pouco. Manuel Lourenzo González e Jacobo Fernández estaban na comisaría aquela tarde que Matías se presentou cunha caixa dicindo que prendesen o fado maligno que tiña dentro. A verdade é que Matías tivo moita sorte ao atopar na rúa a porta secreta que acabou con todas as desgrazas que amolaban a súa familia dende hai anos. Un bo misterio, ¿non si? Gloria Sánchez convidou a pasear polas páxinas deste libro uns amigos moi trastes que se agacharon entre os versos. ¿Serás quen de descubrilos? Seguro que as ilustracións de Manuel Uhía fan que o consigas. Chistes ambulantes, portas secretas e rimas divertidas que fan da lectura unha
aventura.
 

¿Queredes facer calquera comentario do libro? Pois, veña, non agardedes máis e picade aquí.