Da man de Ánxela Loureiro coñecerás a
Andrea e o rebumbio que se montou na
escola cando chegou: que se ulía mal, que
se tiña a pel escura e nome e aspecto de
nena, en fin... Menos mal que unha visita
ao circo, onde Andrea demostrou a súa
afouteza, puxo as cousas en orde e
espertou a admiración de todos os seus
compañeiros e compañeiras. ¿E a que non
sabes o que é un cronopio? A resposta
atoparala no conto que escribiu Ramón
Caride, aínda que Ile terás que botar un
chisco de imaxinación. Áurea contoulle
como o atopara, as súas insólitas
habelencias e como se ten convertido no
seu mellor amigo. Antón Cortizas seica
recibiu un avión de papel co seu nome e, sorprendido, recolleuno axiña do chan. Así
que se caese algún preto de ti non
dubides... é Catuxa que os bota a voar
dende a súa fiestra. Circo, cronopios e
avións de papel traducidos en imaxes por
María Lires, todo un agasallo. |
|
¿Queredes facer calquera comentario do libro? Pois, veña, non agardedes máis e picade aquí. |