Club PREMIOS GUÍAS

 

Quizais ides pensar que son un fachendoso pero nesta ocasión quixen presentarvos os novos títulos da miña colección. Si, si, por se non o sabiades teño a miña propia colección de libros, cheíña de contos de maxia, de misterio e de aventuras que encargo persoalmente aos mellores creadores e creadoras da literatura infantil e xuvenil galega. Faríadesme moi feliz se os lésedes así que non dubidedes en pedilos na biblioteca que teñades máis próxima.

Isto da edición évos un traballiño ben complicado. Veredes, cómpre contactar cos escritores e escritoras para que inventen as historias, encargar as ilustracións, poñer os textos ben bonitiños (é o que se chama maquetación), levalos á imprenta, encadernalos, en fin…, unha chea de cousas ata rematar. ¡Buf, colegas, que choio! O resultado son estes libros que penso que quedaron ben chulos ¿non si? Aquí, entre nós, o meu pai, Xan (xa vos irei falando del), tamén andou a fume de carozo para telo todiño listo. Pero ao final aquí están, os seis novos títulos da colección “O lagarto pintado” acabados de saír do forno, pensando nos vosos gustos e nas vosas idades. E abonda xa que cando me poño a escribir…

 

Contos de chistes, portas e sorrisos

Contos de circo, cronopios e avións

Contos de cabuxas, ratos, libros e casas

Contos de barcos, paxaros, infancias e pesadelos

Contos de charlatáns, grumetes, botas e fendas

Contos de máscaras, rúas, perdicións e caníbales