Premios CREADOES E CREADORAS
XI Certame Ánxel Casal

convoca: Concello de Santiago

contido e requisitos: certame dirixido ao alumnado do ensino secundario de Galiza maior de catorce anos. Consta de tres modalidades diferentes: poesía, teatro e conto. Os traballos deberán ser en lingua galega, inéditos e dun mínimo de cen versos ou 10 páxinas a dobre espazo. Enviarase por correo certificado e baixo plica un exemplar en papel, adxuntando unha copia en disquete.

prazo: ata o 17 de abril de 2006

informa:
Concello de Santiago de Compostela
Departamento de Educación e Mocidade
Praza do Obradoiro
15705 - Compostela