Premios CREADOES E CREADORAS
XV Certame Literario de Piñor

convoca: Casa Municipal da Cultura. A Valenzá. Barbadás. Ourense

contido e requisitos: os contos serán inéditos e estarán escritos en galego, de extensión, estrutura e tema libres. Xunto cos traballos, os participantes deberán enviar os seus datos nun sobre no que aparecerá pola súa parte externa, o lema ou pseudónimo, así como a categoría na que participa. Dentro do mesmo, figurará o nome e apelidos do autor, idade, enderezo e número de teléfono. Ten catro categorías:
Categoría A para participantes de 18 anos en adiante.
Categoría B para participantes de 14 a 17 anos.
Categoría C para participantes de 10 a 13 anos.
Categoría D para participantes até 9 anos.

prazo: ata o 4 de maio de 2006

dotación:
8 premios: lote de libros, figura conmemorativa, diploma e agasallos.

informa:
Casa Municipal da Cultura
Rúa San Bernabé, 37
32002 A Valenzá. Barbadás
Ourense